RCD / NOVAS

Ola John, novo xogador do Deportivo

13/01/2017 13:59

Ola John, internacional holandés de orixe liberiana de 24 anos, é novo xogador do Deportivo ata final de temporada.

Nacido na localidade liberiana de Zwedru, John viuse obrigado a escapar coa súa familia do seu país de nacemento en plena guerra civil en 1994, cando só tiña dous anos de idade. Instalados en Holanda, Ola e os seus dous irmáns puideron dar renda solta ás súas calidades para o fútbol. Sendo o menor da saga, Ola seguiu os pasos de Collins e de Paddy. O primeiro deles chegou a alcanzar a internacionalidad con Holanda e a xogar varias temporadas na Premier League. O segundo, aínda en activo, levou unha carreira máis modesta en Holanda e Alemaña.

Ola John comezou a xogar no VV DEAS, en Nijverdal, pero pronto o FC Twente, un clásico da Primeira División holandesa, fixouse nel e incorporouno ás súas categorías inferiores.

Con 18 anos, Ola John viu como os maiores do seu club facían historia, ao proclamarse campións de Liga por primeira vez, en 2010. Só uns meses despois, na Temporada 2010-2011, debutaba co primeiro equipo, no que militou dúas campañas, sumando 69 partidos e 10 goles. Naquel primeiro exercicio na elite, John sumou os dous primeiros títulos do seu palmarés, a Supercopa e a Copa de Holanda.

Despois dun gran segundo curso, no que desbancou da titularidade ao internacional belga Nacer Chadli e proclamouse máximo asistente da Europa League, o Benfica pagou polo seu traspaso 9 millóns de euros.

Na súa primeira campaña participou regularmente no equipo benfiquista, co que marcou 4 goles, 2 en Copa e outros 2 na Europa League, competición na que alcanzou a final. Ola John parrticipó naquel partido, que o Benfica perdeu ante o Chelsea, saltando ao céspede no minuto 66 en lugar de Lorenzo Melgarejo.

Despois de apenas contar para o técnico do conxunto lisboeta, Jorge Jesus, no inicio da Tempada 2013-2014 (9 partidos, 1 gol), Ola John foi cedido en xaneiro ao Hamburgo. En Alemaña xogou outros 9 partidos, nos que non viu porta. Desde o banco seguiu como o seu equipo evitou in extremis o primeiro descenso da súa historia, nunha dramática eliminatoria de promoción ante o Greuther Fürth.

De volta ao Benfica, Jorge Jesus abriulle as portas na Temporada 2014-2015, na que disputou 35 partidos e marcou 4 goles. Un deses tantos foi o que lle deu a Copa da Liga ao equipo encarnado, no minuto 80 da final ante o Marítimo de Funchal (2-1). Os outros os anotou na liga, que os benfiquistas conquistaron por 34ª vez.

O curso 2015-2016 volveu comezalo no Benfica (3 partidos), pero o 1 de setembro foi cedido ao Reading, da segunda categoría inglesa. Cos 'Royals', Ola John participou en 33 partidos, anotando 4 goles.

O presente exercicio comezouno cedido ao Wolverhampton Wanderers, tamén da segunda división inglesa, onde disputou 3 partidos nun equipo no que militan os exdeportivistas Sílvio, Ivan Cavaleiro e Hélder Costa.

Máis novas de: OLA JOHN