RCD / NOVAS

Omar Bravo apúntase a Vilarreal

Lotina optó por dar descanso a Gardado este domingo. O volante zurdo deportivista disputó dous partidos completos con México durante este parón ligueiro. O técnico vasco non quere forzar a máquina a un futbolista que tivo unha lesión muscular seria a pasada campaña.

12/09/2008 20:22

Omar Bravo tamén estivo coa súa selección estes días, pero só tivo minutos nos segundos tempos dos dous partidos, co que o desgaste foi menor. "Eu estou moi ben fisicamente, adestrei hoxe con normalidade e estou á espera do que decida o míster", comentou Omar Bravo en rolda de prensa esta mañá no Mundo do Fútbol.

          Tras estrearse como goleador esta tempada con México, Omar móstrase convencido de que triunfará na Coruña: "Teño plena fe nas miñas posibilidades".

Máis novas de: OMAR BRAVO

RCD / Noticias Relacionadas