RCD / NOVAS

Os xogadores do Dépor non pon ningún 'pero' ao primeiro gol do Athletic

  Os futbolistas do Dépor en zona mixta non puxeron ningunha objeción ao primeiro gol do Athletic Club, que llegó con Luís Alberto tendido sobre o césped.

18/10/2015 23:44

Así, Sidnei, un dos destacados do encontro, cre que esa xogada "son cousas que pasan no fútbol". Así mesmo, opina que o Deportivo está "no camiño correcto. Seguimos sumando e iso é o importante".
 
Lucas marcaba esta noite o gol que iniciaba a remontada, e sucede a Walter Pandiani (desde o ano 2004) como deportivista que anota 5 goles no oito primeiras xornadas de Liga en Primeira División. Da xogada do primeiro gol do Athletic, apunta que "son cousas do xogo". "Non hai que buscar culpables", subliña.
 
O dianteiro deportivista insiste en que o obxectivo do Dépor, sexto clasificado ao termo da oitava xornada, é "a salvación. Esquécese moi rápido o que vivimos o ano pasado en Barcelona".
 
Finalmente, Alejandro Arribas cualifica de bo ""o resultado desta noite ante o Athletic Club, "tal e como se puxo o partido".
 
Autor do gol do empate definitivo, o central madrileño insiste en que "a situación do equipo é boa, e non tira a toalla en ningún momento".

Máis novas de: LUCAS PÉREZ, SIDNEI, ARRIBAS