RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Carlota Sánchez

A futbolista Carlota Sánchez acabou o partido do pasado domingo en Lezama ante o Athletic Club con molestias musculares.

As probas realizadas á futbolista coruñesa polos Servizos Médicos co doutor Alejandro Mejuto confirmaron que sofre unha lesión muscular nos isquiotibiais da súa perna esquerda.

Carlota Sánchez estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En función da súa evolución, comezará a continuación unha etapa de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.