RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Samara Ortiz

Samara Ortiz viuse obrigada a solicitar o cambio aos 15 minutos do partido do pasado domingo en Granada a consecuencia dunhas molestias musculares na súa coxa dereita.

Os Servizos Médicos do Club, coordinados polo doutor Alejandro Mejuto, realizaron probas complementarias nas que se confirmou unha lesión muscular no bíceps femoral da defensa deportivista.

Samara estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia; e, en función da súa evolución, comezará a continuación a fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.