A gardameta do Deportivo ABANCA Yohana foi substituída no partido ante o FC Famalicão a consecuencia dunha contusión pélvica. Os Servizos Médicos do Club agardarán á súa evolución nos próximos días.
Lucía entrou no seu lugar ao terreo de xogo e erixiuse en protagonista da final da X edición do Trofeo Teresa Herrera ao deter o penalti á portuguesa Tipa, ao cabo definitivo.