RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Patri López continuará unha temporada máis no Dépor ABANCA

Patricia López Andrés (Melide, A Coruña, 29 de outubro de 2000) continuará unha temporada máis nas filas do Deportivo ABANCA.

Patri López cumprirá así a súa sétima campaña no conxunto branquiazul, aínda que non saltou ao terreo de xogo de Ponte dos Brozos (Arteixo) o 4 de setembro de 2016 fronte ao Oviedo Moderno CF, no primeiro partido oficial da historia do Deportivo ABANCA, e durante o curso 2017-2018 militou cedida no CPM Friol. Co primeiro equipo, a polivalente futbolista melidense xogou case sempre como lateral, principalmente pola esquerda.

A súa estrea oficial co primeiro equipo deportivista produciuse na segunda xornada da primeira temporada do Deportivo ABANCA, a 2016-2017, fronte ao Real Sporting de Gijón en terreo asturiano, o 11 de setembro de 2016.

Ademais da cesión ao CPM Friol, Patri López ha ir alternando participacións co Dépor ABANCA e o Dépor ABANCA B. Co primeiro equipo acumula 64 encontros (16 en Primera Iberdrola, 18 en Reto Iberdrola, 27 en Segunda División, 1 en playoff de ascenso a Primera e 2 en Copa da Raíña) e 5 goles (1 en Reto e 4 en Segunda) en competicións oficiais.

Patri López súmase ao cadro deportivista tralas renovacións de Ainhoa Marín, Inés Altamira, Paula Gutiérrez e Raquel García, máis Cris Martínez e Eva Dios, con contrato en vigor.