RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Paula Gutiérrez renova co Dépor ABANCA até 2024

Paula Gutiérrez Caballero (Viladecans, Barcelona, 2 de marzo de 2001) asinou a súa renovación co Deportivo ABANCA até a conclusión da Temporada 2023-2024. A futbolista branquiazul asinou o seu novo vínculo nun encontro no Estadio ABANCA-RIAZOR co presidente do RC Deportivo, Antonio Couceiro, nunha nova proba da solidez e perspectiva de futuro do proxecto Deportivista.

Na súa primeira temporada como deportivista, Paula Gutiérrez é unha das xogadoras con máis participación, posto que foi titular en 22 dos 27 encontros disputados até o momento no grupo Norte de Reto Iberdrola. A centrocampista catalá xogou completos 20 dos 22 partidos, sumando 1.933 minutos de xogo. Ademais, disputou os 180 minutos dos dous encontros de Copa de la Reina fronte ao CF Pozuelo de Alarcón e o Granada CF, anotando un dobrete no primeiro deles, sendo os seus dous únicos goles até o momento coa camiseta branquiazul.

Paula Gutiérrez, que foi internacional sub-16, sub-17 e sub-19, comezou xogando no equipo da súa localidade natal, antes de fichar polo RCD Espanyol. En 2017 incorporouse ao FC Barcelona, no que militou durante tres temporadas, sempre no equipo B, aínda que foi convocada en varias ocasións polo primeiro equipo. Ao comezo do curso 2020-2021 puxo rumbo ao Madrid CFF, co que disputou os seus primeiros 18 encontros na máxima categoría nacional.

Esta renovación súmase ás asinadas con anterioridade por Ainhoa Marín e Inés Altamira, outras das futbolistas con maior participación no equipo na presente temporada.