RCD / NOVAS

Plácido partido do Alevín A ante o CF Dumbría

08/02/2020 14:50

O Alevín A tivo un cómodo partido (11-1) ante o CF Dumbría, correspondente á 10ª xornada na Liga Comarcal. Lucas -4-, Rubén -2-, Nico, Xabi, Borja, Marcos e Anxo foron os goleadores deportivistas nun encontro sen apenas historia.

Con este marcador, o Alevín A mantense no liderado do grupo con 27 puntos; por 24 do seu inmediato perseguidor, o Victoria CF A.

Alevín A: Rodrigo, Xabi, Nico, Íker, Rubén, Lucas, Leandro e Anxo. Tamén xogaron: Joel, Janusz, Pablo, Marcos e Borja.

Este martes 11 de febreiro, o Alevín A visita ao San Tirso SD A, ás 18:00 no campo do Monte.

Os resultados do Alevín A na Liga Comarcal son os seguintes:

CF Dumbría 0 - Alevín A 15 (Leandro -2-, Rubén -3-, Anxo -2-, Janusz -2-, Pablo -2-, Yago -3- e Lucas)
Alevín A 5 (Diego -2-, Anxo -2- e Janusz) - San Tirso SD A 0
Alevín A 5 (Rubén -2-, Leandro e Pablo -2- ) - Once Caballeros CF 1
Outes CF B 2 - Alevín A 4 (Janusz, Marcos, Balbas e Anxo)
Alevín A 0 - Atlético Coruña Montañeros CF 1
SCD Órdenes A 0 - Alevín A 4 (Diego -2-, Lucas e Balbas)
Alevín A 4 (Nico Ruiz, Pablo, Lucas e Marcos) - Ural CF A 0
CD Obrero A 1 - Alevín A 11 (Diego -3-, Leandro -2-, Anxo, Yago, Pablo e Janusz -3-)
Alevin A 5 (Lucas, Diego, Xabi -2- e Pablo) - Victoria CF A 0
Alevín A 11 (Lucas -4-, Rubén -2-, Nico, Xabi, Borja, Marcos e Anxo) - CF Dumbría 1