Finalizada a Semana Santa, os equipos de #ANOSACANTEIRA retornaron á competición ligueira, salvo o Xuvenil A, coa súa competición xa concluída na División de Honra.
Hoxe domingo 28 de abril só disputouse un partido, saldado co triunfo (0-10) do Deportivo ABANCA B en Oseiro (Arteixo), correspondente á súa visita ao SCD Pastoriza.
Onte sábado xogouse o resto da xornada, con 3 encontros en Abegondo:
O Fabril empatou co Unionistas de Salamanca CF (3-3). O filial, con todo decidido a nivel clasificatorio, non puido brindar un triunfo aos afeccionados
E pola mañá, Xuvenil B e Cadete A medíronse aos respectivos equipos do CD Areosa (3-1 e 4-0 respectivamente).
Pola súa banda, xogaron fóra de Abegondo o Infantil A (0-5 en Vigo ante o UD Santa Mariña); e Infantil B (1-3 en Elviña ante o Sporting Coruñés), no último partido de liga no grupo 1º da Primeira Autonómica.
Co seu resultado, o Infantil A proclamouse campión da Fase polo Título da liga Galega, a falta de 1 xornada para o final.
Tamén foi campión do seu grupo da Segunda Fase da Segunda Comarcal o Alevín B.
Así pois, a canteira do Dépor suma o seu sétimo título esta temporada após os cultivados anteriormente polo Infantil A (Liga Galega, grupo norte), Infantil B (Primeira Autonómica, grupo 1º), Alevín A (Primeira Comarcal A Coruña), Alevín B (Segunda Comarcal A Coruña) e Benxamín B (Segunda Comarcal A Coruña).
A xornada arrincou o pasado xoves, co triunfo do Alevín A (17-1) ante o Atlético Arteixo A, con motivo da 10ª xornada do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.
O venres 26 a quenda foi para o Cadete B, que retomou a liga Galega en Caranza cunha nova vitoria (1-2).
Finalmente, o partido correspondente á 21ª xornada da Primeira Comarcal entre o CD Calasanz A e o Benxamín A trasládase ao martes 30 ás 18:30 no campo 1 de San Pedro de Visma.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Segunda División B
35ª xornada: FABRIL 3 (Abeledo e Víctor -2-) - UNIONISTAS DE SALAMANCA CF 3
Categoría feminina
Primeira Autonómica: 27ª xornada: SCD PASTORIZA 0 - DEPORTIVO ABANCA B 10 (Lara -2-, Antía -2-, Alba Suárez, Carlota, Sara Piñeiro, Ainhoa, Sofía e Lucía)
Categoría xuvenil
Liga Nacional, 30ª xornada: XUVENIL B 3 (Peke -2- e Mario) - CD AREOSA 1
Categoría cadete
División de Honra, 30ª xornada: CADETE A 4 (Noel, Nils -2- e Carracedo) - CD AREOSA 0
Liga Galega, grupo norte, 30ª xornada: GALICIA CARANZA 1 - CADETE B 2 (Hugo Suárez e Xosé)
Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 14ª xornada: UD SANTA MARIÑA 0 - INFANTIL A 5 (Noah, Mella, Carreira, Domínguez e Gabriel)
34ª xornada: SPORTING CORUÑÉS SD 1 - INFANTIL B 3 (Óscar, Daniel e Meki)
Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo, grupo norte, 10ª xornada: ALEVÍN A 17 (Rubén -5-, Daniel -4-, Bruno -3-, Cristian -2-, Álex, Xenxo e Vergara) - ATLÉTICO ARTEIXO A 1
Segunda Fase da Segunda Comarcal, 9ª xornada: CF DEPORTIVO ORZÁN B 0 - ALEVÍN B 10 (Xabi -4-, Raúl, Diego, Íker, Balbas, Guillermo e Eder)
Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 21ª xornada: CD CALASANZ A - BENXAMÍN A, o martes 30 de abril ás 18:30 en San Pedro de Visma (campo 1)
Segunda Fase, grupo 1º A Coruña, 10ª xornada: BENXAMÍN B 7 (José Quiroga -4-, Iago Varela, Hugo e Rodrigo) - IMPERÁTOR OAR B 1