RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados dos torneos en #ANOSACANTEIRA e calendario para mañá domingo

Fin de semana repleta de torneos en #ANOSACANTEIRA. Están en competición o Xuvenil B (Rezé, Francia), Cadete B (Amsterdam, Holanda), Infantil A (Cerdanyola), Alevín A (Carballo), Alevín B (Azpeitia), Benxamín A (Düsseldorf) e Benxamín B (Colonia).

Finalmente, un equipo do Dépor foi campión do Torneo de Viveiro en categoría prebenxamín.

O Infantil A está en cuartos de final da Cerdanyola Cup

O Infantil A participa desde hoxe sábado 8 de xuño na Cerdanyola Cup 2019.

O equipo branquiazul superou a Primeira Fase e xoga mañá domingo os cuartos de final ante o vencedor da eliminatoria de oitavos entre o Cerdanyola FC C e a UE Cornellá.

O calendario de partidos do Infantil A, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Sábado 8 de xuño
INFANTIL A 1 (Saúl) - CF DAMM 0
CERDANYOLA FC B 0 - INFANTIL A 1 (Mardones)
INFANTIL A 1 (Carlos) - CE EUROPA 0

Domingo 9 de xuño
Cuartos de final
11:40: INFANTIL A - CERDANYOLA FC B ou UE CORNELLÁ

O Alevín A conclúe mañá a Primeira Fase do torneo Concello de Carballo

O Alevín A ten unha proba de lume no Torneo Concello de Carballo no campo das Eiroas (Carballo).

O sistema de competición da Primeira Fase é de liga todos contra todos a un tempo soa volta entre hoxe sábado 8 e mañá domingo 9 á primeira hora.

Os deportivistas conclúen mañá esta primeira parte contra o EF Luis Calvo Sanz.

O calendario do Alevín A, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Sábado 8 de xuño
ALEVÍN A 1 (Álex) - ATLÉTICO DE MADRID 1
ATHLETIC CLUB 1 - ALEVÍN A 0
ALEVÍN A 0 - RC CELTA 2
AFA ANGOLA 2 - ALEVÍN A 2 (Murilo e Rubén)
ED XUVENTUDE DE OROSO 1 - ALEVÍN A 1 (David)
ALEVÍN A 0 - SPORTING DE GIJÓN 1

Domingo 9 de xuño
10:05: EF LUÍS CALVO SANZ - ALEVÍN A (campo 1)

O Xuvenil B pelexará pola 8ª praza da 35ª International Rezé Football

Primeiro torneo amigable para o Xuvenil B unha vez concluída en 4ª posición a competición na liga Nacional.

O conxunto deportivista quedou apeado das semifinais da 35ª edición da International Rezé Football na quenda de penaltis de cuartos de final. O seu verdugo foi o OGC Nice.

Mañá domingo xogará contra o Ussa Vertou pola 8ª posición.

O calendario do Xuvenil B, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Venres 7 de xuño
XUVENIL B 2 (Luque e Do Carmo) - USSA VERTOU 0
FC REZÉ 0 - XUVENIL B 3 (Mario, Peke e Padín)
XUVENIL B 3 (Do Carmo, Luque e Pablo Martínez) - FC NANTES 0

Sábado 8 de xuño
Cuartos de final
XUVENIL B 2 (Peke e un futbolista rival en propia meta) - OGC NICE 2. A penaltis: 6-7

Partidos da 5ª á 8ª praza
XUVENIL B 1 (Aye) - FC METZ 2

Domingo 9 de xuño
10:30: XUVENIL B - USSA VERTOU

O Alevín B pasa á Fase Final da Azpeitia Cup 2019

O Alevín B xogará mañá a Fase Final da Azpeitia Cup 2019, torneo que se desenvolve nos campos municipais de Garmendipe, na citada localidade gipuzkoana.

O conxunto deportivista superou a Primeira Fase como primeiro do seu grupo. CE Mercantil, UD Levante e Girona FC serán os seus rivais mañá domingo a partir das 09:30 horas.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Venres 7 de xuño
ALEVÍN B 1 (Diego) - CF SAN JOSÉ 1

Sábado 8 de xuño
RCD ESPANYOL 0 - ALEVÍN B 1 (Diego)
SANSE 0 - ALEVÍN B 1 (Balbas)
ALAVÉS 0 - ALEVÍN B 1 (Xabi)

Domingo 9 de xuño
Fase Final
09:30: ALEVÍN B - CE MERCANTIL
10:30: ALEVÍN B - UD LEVANTE
11:30: ALEVÍN B - GIRONA FC

O Benxamín A, entre os mellores da U10 Lincoln Pfingstcup en Düsseldorf (Alemaña)

O Benxamín A clasificouse entre os mellores do torneo U10 Lincoln Pfingstcup que se xoga na cidade alemá de Düsseldorf.

O calendario do conxunto deportivista, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Sábado 8 de xuño
BENXAMÍN A 0 - FC KÖLN 3
VfR WELLENSIEK 0 - BENXAMÍN A 0
ACT2 PREVENT ANTWERPEN 1 - BENXAMÍN A 1 (Joaquín)
BENXAMÍN A 5 (Joaquín -2-, Íker, Nico e Uxío) - FOOTBALL BB 1
TSCHECHISCH SLOWAKISCHE AUSWAHL 0 - BENXAMÍN A 2 (Íker -2-)
HAMBURGO SV 1 - BENXAMÍN A 1 (Íker). A penaltis: 3-2

Domingo 9 de xuño
Fase de Ouro
9:00: BENXAMÍN A - RIVAL POR DETERMINAR

O Benxamín B, clasificado para a Fase de Ouro da IKK Classic PfingstCup 2019

O Benxamín B disputa mañá domingo en Colonia (Alemaña) a Fase de Ouro da Ou9 IKK Classic PfingstCup 2019.

Hoxe sábado, o conxunto deportivista disputou un total de 6 partidos, cun balance de 5 vitorias e 1 empate.

O calendario do Benxamín B, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Sábado 8 de xuño
BENXAMÍN B 3 (Jose Quiroga, Pablo e Lucas Vázquez) - KS ZAKOPANE 0
OSNABRÜCKER SC BLAU 1 - BENXAMÍN B 1 (Pablo)
SPVG WESSELING-URFELD 0 - BENXAMÍN B 5 (Pablo -2-, Lucas, Rodrigo e Raúl)
BENXAMÍN B 3 (Lucas Vázquez -2- e Hugo) - TUS QUELLE 0

Segunda Fase
BENXAMÍN B 2 (José Quiroga e Iago Varela) - SPORTING CLUB DE PORTUGAL 1
BENXAMÍN B 1 (Iago Lameiro) - ALEMANNIA AQUISGRÁN 0

Domingo 9 de xuño
Fase de Ouro
09:00: BENXAMÍN B - RIVAL POR DETERMINAR

Ao Cadete B réstanlle 3 partidos da Primeira Fase do Torneo OSM'75 en Amsterdam

O Cadete B, que acaba de terminar o grupo norte da liga Galega na 3ª praza, ten cita esta fin de semana na cidade holandesa de Amsterdam, con motivo do Torneo International OSM '75 en categoría sub-15.

Na primeira xornada de competición, os branquiazuis sumaron 2 vitorias e 2 derrotas. Mañá domingo xóganse os outros 3 partidos restantes da Primeira Fase, baixo o formato de liga todos contra todos.

O calendario do Cadete B, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Sábado 8 de xuño
CADETE B 1 (Nacho Díaz) - FC TWENTE 2
ADO DEAN HAAG 0 - CADETE B 2 (Xosé e Álex González)
CADETE B 2 (Hugo Baldomar e Adrián Lombao) - OSM '75 0
ABERDEEN FC 4 - CADETE B 0

Domingo 9 de xuño
09:00: CADETE B - FC COPENHAGEN
10:35: CADETE B - FC DORDRECHT
12:10: EXCELSIOR RÓTERDAN - CADETE B

Segundo clasificación, os equipos pelexarán despois na Fase Final, que arrinca a continuación.

O Dépor, campión do Torneo de Viveiro prebenxamín

O Deportivo proclamouse hoxe sábado 8 de xuño campión do Torneo de Viveiro en categoría prebenxamín.

O equipo branquiazul estivo formado por estes futbolistas:

Porteiros: Alejandro Pais (CD Calasanz) e Brais Taín (Victoria CF)

Defensas: Jesús López (CA Fátima), Sergio Infante (CD Calasanz), Mateo Pombo (Atlético Arteixo), Nicolás Torres (Atlético Coruña Montañeros CF) e Antón Vilariño (Imperátor OAR)

Centrocampistas e atacantes: Manuel Alcázar (CD Calasanz B), Gonzalo Teijeiro (Atlético Coruña Montañeros CF), Leo Sánchez (Ural CF), Hugo Caridad (Ural CF), Yael López (SD Ordes), Mario González (CD Calasanz), Íker Obeso (Ural CF), Thiago Montes (Atlético Coruña Montañeros CF) e Mateo Suárez (Olímpico de Rutis CF).

Os resultados dos futbolistas dirixidos por Darío Cotelo son os seguintes:

Primeira Fase
DEPORTIVO 7 (Mario González, Thiago Montes, Leo Sánchez, Manuel Alcázar, Hugo Caridad -2- e Yael López) - CD CARIÑO 0
DEPORTIVO 4 (Yael López -2-, Mario González e Thiago Montes) - VIVEIRO 0
DEPORTIVO 4 (Mateo Varela -2-, Yael López e Mario González) - SD BURELA 0

Semifinal
DEPORTIVO 3 (Mario González, Leo Sánchez e Yael López) - CD FOZ 0

Final
DEPORTIVO 6 (Mario González -2-, Thiago Montes, Hugo Caridad e Yael López -2-) - UD XOVE LAGO 0