RCD / NOVAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

18/05/2019 19:44

A única cita hoxe sábado 18 de maio en #ANOSACANTEIRA foi para o Alevín A e Benxamín A. Ambos os equipos proclamáronse campións da Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8, en Caranza (Ferrol) e Silleda respectivamente. O seguinte paso será a Fase Final Galega.

Así pois, a canteira do Dépor suma 13 títulos esta temporada após os cultivados anteriormente polo Deportivo ABANCA B (Primeira Autonómica), o Infantil A (Liga Galega, grupo norte, Fase polo Título e Final a 4), Infantil B (Primeira Autonómica, grupo 1º), Alevín A (Primeira Comarcal A Coruña), Alevín B (Segunda Comarcal A Coruña e Segunda Fase da Segunda Comarcal), Benxamín A (Primeira Comarcal A Coruña) e Benxamín B (Segunda Comarcal A Coruña e Segunda Fase, grupo 1 A Coruña).

Ademais, só dous equipos máis de #ANOSACANTEIRA teñen partido oficial esta semana: Fabril e Benxamín B.

O Fabril acaba a liga no grupo 1º de Segunda División B mañá domingo 19 de maio (18:00 horas) en Valladolid, no Anexo ao Estadio José Zorrilla, nun partido no que os dous filiais non se xogan nada a efectos clasificatorios.

Luisito, técnico fabrilista, leva a estes futbolistas: Alberto, Pablo Brea, Leto, Carrión, Gaizka, Mujaid, One, Lucas, Gandoy, Bicho, Sáelles-Lamonge, Juanje, Javi Cobo, Víctor Eimil, Adrián, Víctor García, Mosquera e Uxío.

Causan baixa por lesión: Pedro López, Álex Cobo, Abeledo, Montiel, Raúl González e May.

O partido do Benxamín B corresponde á 13ª xornada na Segunda Fase grupo 1º A Coruña, disputada na súa totalidade o pasado sábado 11 de maio. Este choque xogouse o mércores 15 de maio en Santa María del Mar debido á participación do equipo branquiazul na Kempen Cup de Alemaña, na que obtivo o título da Fase Ouro.

O triunfo deportivista (0-4) supuxo o título ligueiro para o Benxamín B na Segunda Fase, grupo 1º A Coruña.

Finalmente, hai parón ligueiro na liga Nacional xuvenil, División de Honra cadete e Liga Galega cadete, cuxa última xornada será o 25 ou 26 de maio.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
38ª xornada, última: REAL VALLADOLID B - FABRIL, o domingo 19 de maio ás 18:00 no Anexo ao Estadio José Zorrilla

Categoría alevín
Fase Intermedia do Campionato Galego, no Municipal de Caranza
Sábado 18 de maio
Primeira Fase
ALEVÍN A 0 - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A 0
GALICIA CARANZA 0 - ALEVÍN A 10 (Marcos -2-, Murilo -3-, Bruno, Rubén -2-, Raúl e Jorge Santiago)
ALEVÍN A 0 - CD CALASANZ A 0

Semifinal
ALEVÍN A 4 (David, Murilo -2- e Marcos) - CD LUGO 1

Final
ALEVÍN A 1 (Murilo) - CD CALASANZ 0

Categoría benjamín
Fase Intermedia do Campionato Galego, en Silleda
Sábado 18 de maio
Primeira Fase
BENXAMÍN A 3 (Íker, Yago Trigo e Joaquín) - VICTORIA CF 0
CD LUGO 0 - BENXAMÍN A 7 (Paulo -5-, Joaquín e Mauro)
BENXAMÍN A 2 (Yago Trigo e Nico) - ATLÉTICO RIVEIRA 1

Semifinais
BENXAMÍN A 10 (Uxío -2-, Yago Trigo -2-, Íker -3-, Mauro, Paulo e Ioan) - RACING VILLALBÉS 0

Final
BENXAMÍN A 1 (Iago Vázquez) - CD CALASANZ 0

Segunda Fase, grupo 1º A Coruña, 13ª xornada: SANTA MARÍA DEL MAR A 0 - BENXAMÍN B 4 (Hugo, José Quiroga, Pablo e Raúl)