RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo, co Fabril, Cadete B e Infantil A en Abegondo

O derbi galego da División de Honra cadete entre o RC Celta e o Dépor, hoxe sábado 19 de outubro na Madroa, entre os dous principais aspirantes ao título da categoría, era tal vez o partido máis destacado do calendario da fin de semana en #ANOSACANTEIRA. Ambos os equipos chegaban ao encontro á fronte da clasificación empatados a 18 puntos, con pleno de vitorias nas 6 xornadas disputadas.  Venceu o Dépor (0-1) grazas a un solitario gol de Martín Ochoa no minuto 29.  Agora, os branquiazuis son líderes en solitario con 21 puntos de 21 posibles e sen encaixar nin un só gol nos 7 partidos disputados até a data.

En canto ao resto de categorías, o Fabril repite partido en Abegondo mañá domingo ás 12:00, esta vez co Rápido de Bouzas como rival.

Luisito citou a todo o seu cadro. O técnico fabrilista poderá contar cos 5 fabrilistas que viaxaron a pasada fin de semana co Dépor ás Palmas: Valín, Gandoy, Bourdal, Martí Vilà e Javi Sánchez. Causan baixa obrigada os lesionados Reinoso e David Sánchez. Para este encontro, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 14 anos.

En Abegondo a fin de semana xóganse outros 3 partidos: 1 hoxe sábado, o Xuvenil A ante o Sporting de Gijón (2-2) ; e outros 2 mañá domingo, ademais do Fabril, como son o Cadete B e Infantil Á as 11:00 fronte aos respectivos equipos do Racing de Ferrol.

Competirán nesta ocasión como visitantes o Deportivo ABANCA B (mañá domingo ás 12:15 na Grela 1 ante o Victoria CF), Xuvenil B (mañá domingo ás 12:30 en Vigo ante o CVC Valladares) e Infantil B (3-10 hoxe sábado en Arteixo).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
9ª xornada: FABRIL - RÁPIDO DE BOUZAS, o domingo 20 de outubro ás 12:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 6ª xornada: VICTORIA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 20 de outubro ás 12:15 na Grela 1 (A Coruña)

Categoría xuvenil
División de Honra, 7ª xornada: XUVENIL A 2 (Pol e Víctor) - SPORTING DE GIJÓN 2

Liga Nacional, 7ª xornada: CVC VALLADARES - XUVENIL B, o domingo 20 de outubro ás 12:30 no campo da Gándara, Valladares (Vigo)

Categoría cadete
División de Honra, 7ª xornada: RC CELTA 0 - CADETE A 1 (Martín Ochoa)

Liga Galega, grupo norte, 7ª xornada: CADETE B - RACING DE FERROL B, o domingo 20 de outubro ás 11:00 en Abegondo (campo 4)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 7ª xornada: INFANTIL A - RACING DE FERROL, o domingo 20 de outubro ás 11:00 en Abegondo (campo 5)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 7ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO 3 - INFANTIL B 10 (Íker Gil -2-, Adrián, Noe, Memet -3-, Óscar -2- e Jorge)

Categoría alevín
Torneo A Coruña - As Mariñas, grupo A, 2ª xornada: URAL CF B 0 - ALEVÍN A 10 (Pablo -2-, Rubén -2-, Nico Ruiz -2-, Lucas -2-, Frank e Janusz)

Torneo A Coruña - As Mariñas, grupo B, 2ª xornada: ALEVÍN B 3 (Gael -2- e Ioan) - URAL CF A 0

Categoría benxamín
Torneo A Coruña - As Mariñas, grupo A, 2ª xornada: CD CALASANZ C 0 - BENXAMÍN A 15 (Martín Forján -3-,  Rodrigo -3-, José Quiroga -3-, Pablo Somoza -2-, Raúl, Iago Lameiro, Javi e Iago Varela)

Torneo A Coruña - As Mariñas, grupo B, 2ª xornada: BENXAMÍN B 1 (Thiago) - CD CALASANZ A 2