RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados sábado 18 en #ANOSACANTEIRA e calendario domingo 19

A xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA iniciouse onte venres no campo 4 de Abegondo co partido do grupo 1º da Primeira Autonómica entre o Infantil B e o Sporting Coruñés, pertencente á 14ª xornada. Houbo triunfo deportivista (8-3) nun vistoso encontro.

Esta fin de semana xogan ademais en Abegondo o Fabril, que recibe ao Atlético de Madrid B (mañá domingo ás 17:00 horas); e Cadete B (derrota 1-3) e Infantil A (vitoria 2-1), ambos en dobre duelo co Atlético Coruña Montañeros.

Para o partido do Fabril, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. A entrada de público custa 10 euros e 3 euros para os menores de 16 anos.

O filial deportivista conta para este partido coas baixas seguras de Carlos López, Lucas, Luís, Bicho, Luismi e Óscar. Munúa si poderá contar con Edu Expósito, que esta vez non entrou na lista do Deportivo para viaxar a Málaga.

Compiten lonxe de casa mañá domingo o Deportivo ABANCA B (en Mos), o Xuvenil A (en Santander) e Xuvenil B (en Porriño). Hoxe sábado gañou o Cadete A (0-1 en Pontevedra).

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Segunda División B
15ª xornada: FABRIL - ATLÉTICO DE MADRID B, o domingo 19 de novembro ás 17:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 11ª xornada: UD MOS - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 19 de novembro ás 17:00 no campo das Baloutas (Mos)

Categoría xuvenil
División de Honra, 13ª xornada: ATLÉTICO PERINES - XUVENIL A, o domingo 19 de novembro ás 12:30 no campo Vicente Miera de Santander

Liga Nacional, 12ª xornada: PORRIÑO INDUSTRIAL - XUVENIL B, o domingo 19 de novembro ás 12:00 en O Lourambal-2

Categoría cadete
División de Honra, 12ª xornada: PONTEVEDRA 0 - CADETE A 1 (Juanma)

Liga Galega, grupo 1º, 12ª xornada: CADETE B 1 (Álex Espeso) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 3

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 12ª xornada: INFANTIL A 2 (Roque e Iván Vázquez) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 1

Primeira Autonómica, grupo 1º, 14ª xornada: INFANTIL B 8 (Eloy, Marco Baña, Barral, Álvaro, Pablo Seco, Adrián -2- e Trigo) - SPORTING CORUÑÉS 3

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, grupo 1º, 6ª xornada: ALEVÍN A 12 (Guerrero -5-, Héctor -4-, Pablo -2- e Álvaro) - SPORTING BURGO A 1

Segunda, grupo 1º, 6ª xornada: ALEVÍN B 4 (Santana, Eli, Bruno e Dani) - SANTA MARÍA DEL MAR A 1

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º, 6ª xornada: BENXAMÍN A 10 (Nico -2-, Diego -3-, Leandro, Eder, Xabi, Anxo e Pablo) - BETANZOS 0

Segunda Comarcal A Coruña, 6ª xornada: TORRE C 1 - BENXAMÍN B 10 (Ioan -4-, Nico -2-, Caaveiro, Cristian, Uxío e Sergio)