RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Rubén e Momo, presentados como xogadores branquiazuis

Esta tarde foron presentados na sede do Club da Praza de Pontevedra os jugadore Rubén e Momo, que serán deportivistas os próximos 7 e 5 anos, respectivamente. Augusto César Lendoiro deulles a benvida a "dous grandes xogadores de futuro que oxalá nos dean

Rubén mostrouse con moita ilusión e ganas de triunfar e quedar e ofreceu "sacrificio , traballo e ganas". Momo, pola súa banda, tamén se mostrou moi ilusionado coa súa chegada ao club branquiazul.

Os xogadores, que chegaron onte á cidade, pasaron esta mañá o recoñecemento médico e esta mesma tarde presentábanse coa camiseta deportivista.

Os xogadores incorporaranse en principio a Vilalba co resto do equipo aínda que o presidente non descartou que sexan cedidos a algún club de Primeira.