RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Rubén Pérez: Medo a perder? Ao fútbol non hai que terlle medo

Rubén Pérez desborda desenvoltura, dentro e fóra dos terreos de xogo. Titular indiscutible no once de Lotina, esta mañana, na súa comparecencia pública, se mostró así de tallante á pregunta dun xornalista respecto

Definiu ao Sporting como "un bo equipo" e cre que o partido do sábado en Riazor hai en xogo "tres puntos importantes para saír da zona perigosa".

Recoñece que no Vicente Calderón, o Dépor tivo poucas opcións: "No último partido de casa (ante o Hércules) tivemos disparos a porta de Saúl, Urreta. Pero a verdade é que na última semana non xutamos e así é moi difícil".

A Rubén Pérez agrádalle sentirse titular no Deportivo. Para nada sente a presión un futbolista que cada vez ten máis presenza tamén nas categorías inferiores da Selección Española: "Gústame que a xente se acorde de min cando non xogo". "Sentinme valorado polo meu traballo e pola xente. Non sinto presionado", engade.