RCD / NOVAS

Sabin Merino, novo xogador do Deportivo 2019-2020

14/01/2020 09:30

Sabin Merino Zuloaga (Urduliz, Biscaia, 4 de xaneiro de 1992) é, desde esta mañá, novo xogador do Deportivo ata xuño de 2022. O futbolista, tras realizar parte das probas médicas en Madrid, viaxou onte á noite á Coruña e esta mañá poñerase xa ás ordes de Fernando Vázquez na volta ao traballo do equipo ás 10:30 horas.

Sabin Merino xoga como dianteiro e formouse entre as canteiras do Athletic e o Danok Bat, club tamén bilbaíno. Ademais, pasou un ano do seu ciclo formativo en Louisville (Estados Unidos), onde xogou co equipo Javanon FC.

No seu regreso a España, fichou de novo polo Athletic para xogar co Basconia, o terceiro equipo do club branquivermello. Posteriormente subiu ao Bilbao Athletic, co que xogou dúas campañas completas en Segunda B, nas que totalizou 81 partidos e 21 goles, 18 deles clave no ascenso do filial bilbaíno á categoría de prata no curso 2014-2015.

Na campaña 2015-2016 pasou ao primeiro cadro do Athletic, co que comezou con moi bo pé, formando parte do equipo que gañou a Supercopa de España, o primeiro título do club en máis de tres décadas. No Athletic militou tres campañas, xogando 75 encontros (48 en Primeira, 19 na Europa League, 7 de Copa e 1 de Supercopa) e marcando 8 tantos.

A última temporada e media pertenceu á disciplina do CD Leganés, a primeira delas cedido e a segunda xa en propiedade. Co cadro pepinero xogou 18 partidos (14 en Primeira e 4 en Copa).

Máis novas de: SABIN MERINO