RCD / NOVAS

Samuele Longo, novo xogador do Dépor 2019-2020

16/08/2019 21:00

Samuele Longo (Valdobbiadene, Treviso 12 de xaneiro de 1992) converteuse hoxe en novo xogador do Real Club Deportivo, cedido polo Internazionale de Milán, até final de temporada.

Desde os seus inicios en categorías inferiores do Treviso, Piacenza, Genoa ou o propio Inter, o dianteiro italiano xogou en Espanyol, Hellas Verona, Rayo Vallecano, Cagliari, Frosinone, Girona, Tenerife, Huesca e Cremonese, antes de aterrar na Coruña.

Nos seus 224 partidos no fútbol profesional anotou 53 goles e deu 9 asistencias.

Longo está desde hoxe na Coruña para porse ás ordes de Juan Antonio Anquela.

Máis novas de: SAMUELE LONGO