RCD / NOVAS

Saúl García, cedido ao CD Tenerife ata final de tempada

  O Real Club Deportivo e o CD Tenerife chegaron a un acordo á primeira hora desta tarde para a cesión do lateral cántabro do Dépor Saúl García ata final de tempada ao conxunto insular.

24/12/2015 17:15

Saúl García Cabrero (Vioño De Piélagos, 9 de novembro de 1994), fichou polo RC Deportivo hai agora un ano, procedente do Rácing de Santander, equipo co que completou a pasada tempada antes de incorporarse este verán ao Dépor.

Máis novas de: SAÚL GARCÍA