Scaloni é un dos comodines do que frecuentemente bota man Javier
Irureta antes e durante os partidos. Desde que chegou ao Deportivo (xaneiro de 1998),
a afección deportivista viuno xogar de lateral destro, interior e nalgunha
que outra ocasión, de pivote. En Albacete, e ante a sanción por un
partido a Sergio, o italo-arxentino podería ocupar a posición de medio-centro,
á beira de Mauro Silva. É unha das opcións que baralla o técnico vasco. As
outras dúas son as de Fran e Djalminha. Hoxe, na pachanga disputada en "O
Mundo do Fútbol" situou no mesmo equipo a Mauro, Scaloni e Fran. "Hoxe desde logo
non me comentou nada. Onte mércores si que fixen algún movemento nesta
posición", recoñeceu Scaloni na sala de prensa de Abegondo. Desde logo,
o xogador deportivista promete que sairá a xogar "sen ningún complexo. Como en calquera
outra posición".
canaldeportivo, A Coruña05/02/2004 13:22
Comparte a opinión de Molina, que vería xa complicada a liga se o líder
chégase a pór a nove puntos: "Son en realidade tres partidos de desvantaxe e
xa non dependeriamos de nós. Pero o ano pasado, no mes de xaneiro ou de febreiro,
marchabamos de quintos e case ao final puxémonos de líderes",
lembra Scaloni.
O capitán do Deportivo, Lionel Scaloni, quixo hoxe xoves na
sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol' ratificar as declaracións que efectuou
na Cadea Ser onte mércores nas que afirmaba que o seu desexo era cumprir o seu
contrato no Deportivo, que expira en xuño de 2007, e posteriormente regresar
ao seu país, para acabar a súa carreira profesional no Estudantes.
O Deportivo adestrou hoxe en 'O Mundo do Fútbol'. O xoves volverao
a facer á mesma hora en Abegondo. Ao finalizar a sesión de hoxe, o capitán do equipo, Scaloni, compareceu en sala de prensa a petición
dos medios informativos. Estas foron algunhas das súas frases: