RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

''Se di o míster que teño anxo, tereino seguro'', di Lucas

Lucas Pérez confesó esta mañana na sala de prensa de Abegondo estar "moi contento. O importante era a vitoria do equipo, que era o que más necesitábamos. Moi contento polo debut, polo gol e pola vitoria".

"Se di o míster que teño anxo, tereino seguro", chanceou o atacante coruñés ante os medios de comunicación.

Asegura que "a xente da Coruña sempre me transmitiu agarimo e moi contento. Son días felices. Non se pode pedir máis".

Non sente "para nada" símbolo da afección: "Ten que querer a todos os xogadores por igual. Entendo que algún lle gusta máis, outro lle gusta menos. Pero todos estamos aquí para sumar. O importante aquí é o Deportivo da Coruña. Non se vai a salvar só Álex Bergantiños, nin Juan Domínguez, nin Lucas Pérez, nin Toché nin Postiga. Vaise a salvar o Deportivo, que é o importante".

Do Espanyol, rival este domingo en Cornellá, Lucas lembrou que o pasado domingo en Madrid, no partido ante o Atlético, "perdeu ao seu referente, Sergio García. Aí o Deportivo ten que tentar aproveitalo". "Para min é o mellor. Gústame moito. En moitos equipos da liga sería un xogador importante", engade.

Sobre Sergio González, técnico espanyolista, asegura Lucas que ten un gran recordo: "O gol que lle marcou ao Real Madrid no Centenariazo non se lle vai a esquecer nin a min nin a todos os deportivistas". Como técnico, indica que "leva pouco tempo pero está a facer un bo traballo. Ten moita confianza nel tanto a directiva como a afección, e eu creo que a afección se vai a salvar sen problema".