RCD / NOVAS

Seis equipos de #ANOSACANTEIRA teñen amigable esta semana, na recta final das súas pretemporadas

28/08/2017 21:34

Seis equipos de #ANOSACANTEIRA teñen partido amigable esta semana, na recta final xa das súas pretemporadas: Xuvenil B, Cadete A, Cadete B, Cadete A San Tirso, Infantil A e Infantil A San Tirso.

O primeiro deles será xa mañá martes 29 de agosto, día no que o Cadete A San Tirso mídese en Abegondo ao Galicia de Caranza A. O choque comeza ás 17:30 no campo 6 da Cidade Deportiva.

O calendario completo de partidos, sempre susceptible de sufrir variación, é o seguinte:

Categoría xuvenil
BERGANTIÑOS A - XUVENIL B, o sábado 2 de setembro ás 12:30 nas Eiroas

Categoría cadete
CONXO A (xuvenil) - CADETE A, o sábado 2 de setembro ás 18:00 no campo da Merced (Santiago de Compostela)

CADETE B - BERGANTIÑOS B, o mércores 30 de agosto ás 10:30 en Abegondo (campo 8)
CADETE B - VIVEIRO, o sábado 2 de setembro ás 11:00 en Abegondo (campo 6)

CADETE A SAN TIRSO - GALICIA CARANZA A, mañá martes 29 de agosto ás 17:30 en Abegondo (campo 6)

Categoría infantil
INFANTIL A - URAL B (cadete), o venres 1 de setembro ás 17:00 en Abegondo (campo 7)

INFANTIL A SAN TIRSO - OZA JUVENIL A, o xoves 31 de agosto ás 19:00 en Abegondo (campo 5)
INFANTIL A SAN TIRSO - ATLÉTICO CORUÑA A, o sábado 2 de setembro ás 11:00 en Abegondo (campo 7)