RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Sobresaliente actuación de #ANOSACANTEIRA nos torneos amigables

Sobresaliente actuación dos cinco equipos de #ANOSACANTEIRA nos diferentes torneos amigables. Mención especial reciben o Alevín B e o Benxamín B, gañadores en Calamocha (Teruel) e Carballo respectivamente.

Así, o Infantil B competiu no Torneo Internacional Manlio Selis 2017 de Cerdeña, o Alevín A foi sexto da Danone Cup de Barcelona, o Alevín B gañou a Jamón Cup 2017 en Calamocha (Teruel), o Benxamín A finalizou decimosegundo da OKI Pfingstcup en Düsseldorf (Alemaña), e o Benxamín B adxudicouse o Torneo Conservas Calvo en Carballo.

O Alevín A, sexto clasificado na Danone Cup

O Alevín A representou á Coruña na fase final da Danone Cup en Barcelona. O conxunto branquiazul, tras facer un digno torneo, quedou en sexta posición.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes:

Sábado 3 de xuño
Primeira Fase
MÁLAGA 0 - ALEVÍN A 1 (Carlos)
ALEVÍN A 0 - ESPANYOL 5
CF MAJORERAS 0 - ALEVÍN A 5 (Domínguez, Javi -2-, Yago e Noah)

Cuartos de final
ALEVÍN A 0 - SEVILLA 1

Domingo 4 de xuño
Partido polo quinto e sexto posto
ALEVÍN A 0 - VILLARREAL 4

O Alevín B, brillante campión da Jamón Cup

O Alevín B proclamouse en Calamocha (Teruel), campión da Jamón Cup. O torneo desenvolveuse desde o pasado venres nas instalacións de Jumaya.

O conxunto deportivista estivo a gran nivel e eliminou a rivais da entidade do Atlético de Madrid ou Zaragoza. Na final, os branquiazuis puideron (4-1) co Celta nun mini #ONOSODERBI, disputado a case 1.000 quilómetros de Galicia.

Os resultados do Alevín B foron os seguintes:

Sábado 3 de xuño
Primeira Fase
ALEVÍN B 6 (Dani, Samu -2-, Jorge, Iván, e Pablo) - MONTEARAGÓN AD 0
ALEVÍN B 0 - ATHLETIC CLUB 2
VILLARREAL CF 1 - ALEVÍN B 2 (Lucas -2-)
ALEVÍN B 3 (Óscar -2- e Jorge) - CDB MASSANASA 0

Domingo 4 de xuño
ALEVÍN B 2 (Lucas e Pablo) - EFB SALOU COSTA DAURADA 0

Cuartos de final
ALEVÍN B 3 (Pablo, Óscar e Hugo) - ATLÉTICO DE MADRID 0

Semifinal
ALEVÍN B 1 (Lucas) - ZARAGOZA 0

Final
ALEVÍN B 4 (Pablo, Dani, Lucas e Hugo) - CELTA 1

O Benxamín A acaba decimosegundo da OKI Pfingstcup en Düsseldorf (Alemaña)

O Benxamín A participou na cidade alemá de Düsseldorf na OKI Pfingstcup.

O cadro deportivista caeu en oitavos de final pola mínima ante a Colonia e quedou en decimosegunda posición.

Os resultados cultivados polo Benxamín A foron os seguintes:

Sábado 2 de xuño
Primeira Fase
BENXAMÍN A 2 (Jairo e Álex) - FC SQUARE KOREA 0
SC FEUCHT 4 (Álex -3- e Pablo Fernández) - BENXAMÍN A 1
BENXAMÍN A 0 - DSC ARMINIA BIELEFELD 2
NEC NIJMEGEN 1 - BENXAMÍN A 0
BENXAMÍN A 6 (Álex -2-, Jairo -2-, Pablo Vázquez e Erick) - SSV STRÜMP 0

Segunda Fase
BENXAMÍN A 2 (Álex -2-) - HAMBURGO 0

Domingo 4 de xuño
BENXAMÍN A 2 (Jairo e Álex) - RW OBERHAUSEN 3
BENXAMÍN A 3 (Álex -2- e Jairo) - BRIGHPON HOVE 0
BENXAMÍN A 2 (Álex -2-) - FSV WAIPBLINGEN 0

Oitavos de final
BENXAMÍN A 0 - COLONIA 1

Partido de Consolación
BENXAMÍN A 0 - MERBUCH 0. Por penaltis: 2-3

O Benxamín B gaña a sexta edición do Torneo Conservas Calvo

O Benxamín B impúxose brillantemente nas Eiroas (Carballo) na sexta edición do Torneo Conservas Calvo.

Os resultados do Benxamín B foron os seguintes:

BENXAMÍN B 6 (David, Diego -2-, Guille, Anxo e Raúl) - ORILLAMAR 0
RESIDENCIA 0 - BENXAMÍN B 3, por incomparecencia do Residencia
BENXAMÍN B 1 (Nico) - CALASANZ 0
ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 1 - BENXAMÍN B 5 (Eder, Anxo -2-, Nico e Raúl)

Cuartos de final
BENXAMÍN B 6 (Guille, Marco, Eder, Diego -2- e Anxo) - ONCE CABALLEROS 0

Semifinal
BENXAMÍN B 6 (David, Pablo, Marco, Anxo, Diego e Eder) - XUVENTUDE DE OROSO 1

Final
BENXAMÍN B 3 (Eder e Iago -2-) - E. LUÍS CALVO 0

O Infantil B cae en oitavos de final en Cerdeña

O Infantil B caeu en oitavos de final do Torneo Internacional Manlio Selis 2017, que se xogou no Stadio Limbara en Luras (Cerdeña, Italia). A Fiorentina tombou as ilusións do equipo branquiazul, que a pesar de todo realizou un bo torneo.

Os resultados do Infantil B foron os seguintes:

Mércores 31 de maio
Primeira Fase
INFANTIL B 5 (Quique -2-, Trigo, Hugo Baldomar e Dani) - ACCADEMIA OGLIASTRA 1

Xoves 1 de xuño
INFANTIL B 6 (Hugo Baldomar -2-, Álex -2-, Trigo e Roque) - SAN PAOLO SASSARI 0
INFANTIL B 0 - CAGLIARI 1

Venres 2 de xuño
Oitavos de final
INFANTIL B 1 (Álex) - FIORENTINA 2