RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Traballada vitoria pola mínima en Tudela (0-1)

O Deportivo afrontaba o primeiro desprazamento do ano, dos dous consecutivos que ten nada máis abrir a temporada, e fíxoo con continuidade no once. Borja Jiménez apostou polo mesmo equipo que venceu na xornada inaugural ao Celta B, excepción feita de Trilli, que se atopaba concentrado coa selección española sub-19. Alberto Benito ocupou a súa posición nun campo Cidade de Tudela no que o branquiazul de Deportivistas chegados desde diversos puntos do norte de España destacaba no caloroso ambiente.

Mackay foi o primeiro dos porteiros en tocar balón, nunha cesión comprometida co ombreiro de Alberto Benito. Era a terceira vez que os locais pisaban área local. Nas dúas primeiras con caída protestada dentro da área pero en ningún dos casos sancionable como penalti. O Tudelano pisou un maior número de veces zona de perigo durante o partido, pero as ocasións perigosas da primeira parte foron branquiazuis.

A primeira serviu para determinar o desenlace do encontro: unha falta de Elitim ao punto de penalti servida á cabeza de Adrián Lapeña entre centrais para pór o 0-1 no marcador. Tamén de cabeza puido ampliar distancias o Dépor cun remate picado de Miku a saque de esquina tamén desde a bota de Juergen. Pellegrino puido atallar a ocasión, como tamén tivo que intervir de forma espectacular após unha xogada persoal de Quiles que disparou desde a frontal facendo voar ao gardameta local. Cedenilla desviado de lonxe puxo o epílogo ao primeiro tempo no que Ian Mackay estivo inédito.

Na segunda metade o Dépor non dispuxo de ocasións claras para ampliar distancias e o Tudelano foi de menos a máis até acabar encerrando atrás aos branquiazuis. Rodrigo de cabeza a saque dun corner tivo a primeira das moitas que se sucederon ao redor da área e a portería do Dépor, pero poucas delas entre o tres paus. Antes da presión local en busca do empate, o Dépor puido facer dano á contra, pero Doncel non atopou portería despois dunha xogada conducida por Víctor, que non viu o desmarque de Quiles e deixou o balón para que o atacante catalán tentase resolver.

Álex Gualda desviado inquietou ao equipo e á afección deportivista, que levou o gran susto da tarde cun remate picado de Alain que obrigou á gran estirada de Mackay que se converteu, xunto co gol, na outra xogada clave da sufrida vitoria pola mínima do Dépor en Tudela que completou o pleno de puntos após as dúas primeiras xornadas da temporada.

CD Tudelano: Pellegrino, Delgado (Cabellud, min. 69), Molina, Aveldaño, Cedenilla (Vassilakis, min. 69), Álex Gualda, Alain Ribeiro, Yasin, Aitor González (Iván Elena, min. 61), Samanés e Rodrigo.

RC Deportivo: Mackay, Alberto Benito (Borja Granero, min. 74), Lapeña, Jaime (Pablo Trigueros, min. 52), Héctor, Álex, Villares, Juergen Elitim (Rafa de Vicente, min. 74), Quiles, William (Doncel, min. 61) e Miku (Victor García, min. 61).

Gol: 0-1 Lapeña (min. 7).

Árbitro: Palencia Caballero (c. Vasco). Amoestou a Aveldaño (min. 12), Jaime (min. 21), Lapeña (min. 90) e Quiles (90+7).

Incidencias: partido da 2ª xornada de Primeira RFEF Footters disputado no estadio Ciudad de Tudela con gran representación Deportivista nas bancadas.