RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Triunfo curto do Cadete B na Estrada

O Cadete B logrou ante o Escola Estrada Fútbol Base un triunfo (1-2) que pode considerarse como curto, dadas as ocasións de gol desperdiciadas polo conxunto deportivista neste choque correspondente á 3ª xornada no grupo norte da liga Galega.

Xosé e o internacional Mella foron os autores dos goles do Cadete B que serviron para remontar un tanto local no minuto 5 de partido.

Con este marcador, o Cadete B marcha segundo na clasificación con 7 puntos de 9 posibles.

Cadete B: Mateo, Alexis, Monteagudo, Carlos, Xosé, Lombao, Sierra, Marco Baña, Matos, Domínguez e Fer. Tamén xogaron: Hugo García, Marcote, Mella e Mardones.

A próxima fin de semana, o Cadete B recibe en Abegondo ao EFM Concello de Boiro.

Os resultados do Cadete B son os seguintes:

CD Calasanz 1 - Cadete B 1 (Hugo García)
Cadete B 7 (Fer, Raúl, Carlos, Matos -2-, Domínguez e Mardones) - CD Lugo B 0
Escola Estrada Fútbol Base 1 - Cadete B 2 (Xosé e Mella)