RCD / NOVAS

Triunfo de prestixio do Infantil B sobre o Victoria CF B, un dos 'fanfurriñeiros' da categoría

26/10/2019 12:35

O Infantil B logrou un triunfo contundente (5-0) ante o Victoria CF B, un dos 'fanfurriñeiros' no grupo 1º da Primeira Autonómica.

Óscar -2-, Memet, Íker Gil e Diego foron os goleadores branquiazuis neste encontro correspondente á 8ª xornada ligueira.

Con este marcador, o Infantil B lidera a clasificación con 24 puntos de 24 posibles; por 22 puntos do seu inmediato perseguidor, o Ural CF B.

Infantil B: Hugo Sánchez, Adrián, Jorge Rodríguez, Carlos, Íker Gil, Óscar, Erick, Xenxo, Noé, Carballo e Memet. Tamén xogaron: Pablo García, Frank, Diego, Íker Fernández e Janusz.

O Atlético San Pedro será o próximo rival do Infantil B.

Os resultados do Infantil B que prepara Fernando Macedo 'Nano' son os seguintes:

CD Obrero 0 - Infantil B 3 (Adrián -2- e Íker Gil)
Infantil B 5 (Adrián, Óscar, David Carballo -2- e Íker Gil) - Imperátor OAR 0
ADC Obradoiro 2 - Infantil B 5 (Marcos, Óscar, Diego, Xenxo e Balbas)
Infantil B 4 (Óscar -2-, Íker Gil e Xenxo) - Oza Juvenil SD 0
SCD Órdenes 2 - Infantil B 8 (Íker Gil -2-, Memet, Jorge Rodríguez, Óscar, Carballo -2- e Noé)
Infantil B 11 (Íker Gil -2-, Noé -2-, Óscar -2-, Carballo -2-, Adrián, Xenxo e Anxo) - Bergantiños CF B 0
Atlético Arteixo 3 - Infantil B 10 (Íker Gil -2-, Adrián, Noé, Memet -3-, Óscar -2- e Jorge Rodríguez)
Infantil B 5 (Óscar -2-, Memet, Íker Gil e Diego) - Victoria CF B 0