RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Tropezón do Dépor ABANCA en Cáceres (4-0)

O Dépor ABANCA visitaba ao CP Cacereño co obxectivo, por segunda vez após a primeira xornada, de defender, a domicilio, o liderado alcanzado a fin de semana anterior en Abegondo. Para logralo, de inicio, Irene Ferreras, tan só realizou dous axustes respecto á partida fronte ao DUX: rotación na portería e a entrada de Eva Dios por Marta Charle.

Sobre céspede artificial e nunha mañá asollada en Cáceres, ambos os equipos dedicaron os primeiros minutos a tentear ás rivais, pero con máis control de xogo e de balón por parte do Dépor ABANCA. Esas sensacións iniciais foron cambiando camiño do minuto 20 no que Manoly, desde a frontal, obrigou a voar a Yohana para despexar a córner. Desde ese primeiro saque de esquina chegou o primeiro tanto local nun balón sacado por Ayaka que rematou a propia Manoly Baquerizo entrando desde atrás e adiantando ao seu equipo no marcador. Poucos minutos despois puido facer o segundo Nerea, pero na cara a cara con Yohana o duelo foi para a porteira deportivista.

Ese segundo tramo do primeiro tempo o dominio local seguiu xerando tensión defensiva ao Dépor ABANCA, especialmente nas accións polos costados. Un Dépor ABANCA ao que, en ataque, custáballe atopar espazos para causar perigo en área local. Tan só unha falta colgada que sacou a zaga estremeña e un centro chute raso no minuto 40 de Ainhoa, blocado abaixo por Tatiana, incomodaron ás cacereñas antes do tempo de descanso.

Non transcorreran nin 20 segundos da continuación cando Edna atopouse encima a Yohana na frontal da área cando xa encaraba a portería. Após 10 minutos nos que o partido seguía polos mesmos camiños, chegaron os cambios. A recentemente entrada Carlota serviu ao punto de penalti a Millene que, soa, non puido golpear cara á portería a chegada máis clara até ese momento no partido. Un encontro que non cambiou de signo e que encarrilou o Cacereño pouco despois após unha recuperación de Manoly, servizo para Edna que, xenerosa, cedeu a Castañeda para pór o segundo gol no marcador.

O Cacereño non afrouxou e en cinco minutos anotou outros dous. O primeiro en recuperación na frontal de Edna que serviu para Castañeda que, desde fóra, anotou o golazo da mañá. Pouco despois, polo outro costado, recibiu a recentemente entrada Tania para, no primeiro balón que tocaba, rematar de semivolea e pór o cuarto no marcador.

Tentou nun par de ocasións o Dépor ABANCA anotar polo menos un tanto pero non foi posible para cambiar o marcador da primeira e avultada derrota da temporada, deixándose de novo o liderado a domicilio.

CP Cacereño: Tatiana, Hitomi, Leivis, Midori, Ayaka (Guede, min. 56), Castañeda (María Jesús, 80), Manoly (Tania, min. 69), Nerea (Santibañez, min. 80), Akari (Elsa, min. 46), Edna e Mireia.

Dépor ABANCA: Yohana, Cris Martínez, Inés Altamira, Raquel García, Samara, Paula Gutiérrez, Henar, Ainhoa Marín, Eva Dios (Carlota, min. 55), Laura Fernández (Charle, min. 55) e Millene (Aroa, min. 69).

Goles: 1-0 Manoly (min. 21); 2-0 Castañeda (min. 62); 3-0 Castañeda (min. 68); 4-0 Tania (min. 70).

Árbitra: Trujillano Gallardo (c. andaluz). Amoestou a Ainhoa (min. 19), Ayaka (min. 52) e Tatiana (min. 70).

Incidencias: partido da 4ª xornada de Primeira Federación FutFem disputado no Centro Deportivo Federativo Manuel Sánchez Delgado.