O seleccionador nacional, José Antonio Camacho, facilitou este mediodía a lista de 23 xogadores convocados por conxunto español para o Mundial de Corea e Xapón. Catro deportivistas están no grupo.
canaldeportivo, A Coruña13/05/2002 15:34
Valerón, Sergio, Romeu e Tristán son o catro xogadores branquiazuis chamados por Camacho que este mércores se concentrarán en Xerez ata o luns e que despois viaxarán a Corea para preparar in situ o Mundial.
A lista complétana Cañizares, Casillas, Ricardo, Puyol, Juanfran, Helguera, Xavi, Hierro, Nadal, Curro Torres, Mendieta, Baralla, De Pedro, Albelda, Joaquín, Luís Enrique, Raúl, Morientes e Luque.
Os deportivistas Luque e Romeu foron citados polo seleccionador
nacional, Luís Aragonés, para unha xornada de convivencia en Madrid o vindeiro luns
23 de maio.
Romeu e Pandiani, ambos cunha gastroenterite, non se exercitaron hoxe
en 'O Mundo do Fútbol' no primeiro adestramento da semana previa ao partido
do domingo (17.00 horas) no Sardinero ante o Real Racing Club. Scaloni, con algo
de gripe, tamén fixo un adestramento máis lixeiro que o resto dos seus
compañeiros.
O seleccionador nacional ha convocado ao deportivistas Romeu e Luque para o partido amigable que España disputará ante Inglaterra o vindeiro mércores día 17 de novembro.