RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Valín renova 2 temporadas co Fabril con opción de ampliación por parte do Club

Jorge Valín Sánchez (A Coruña, 7 de xaneiro de 2000) e o presidente do Real Club Deportivo, Paco Zas, asinaron esta mañá, na Sala Calvet da sede da praza de Pontevedra, a renovación para as dúas próximas temporadas do canteirán branquiazul.

Máis aló desas dúas campañas, o Club resérvase o dereito á ampliación do contrato do futbolista coruñés.

Este primeiro movemento do novo Consello de Administración é unha mostra clara da filosofía que o Club vai aplicar de apostar pola canteira, polos futbolistas coruñeses de calidade, como é o caso de Valín, e por reter o talento coidado durante anos na Cidade Deportiva de Abegondo.