RCD / NOVAS

Víctor cualifica o partido de mañá no Bernabéu como ''un reto apaixonante, que nos motiva''

  Víctor Sánchez do Amo manifestó esta mañana na sala de prensa de Abegondo que o Deportivo mañana sábado 9 de xaneiro (20.30 horas, Canle + Liga / Abono Fútbol) vai afrontar "un reto apaixonante, que nos motiva, ante a dificultade de xogar no Bernabéou ante un todopoderoso Real Madrid".

08/01/2016 16:21

Advirte o técnico branquiazul que o Dépor "deu o nivel en todos os partidos, contra todos, ante diferentes tipos de sistemas, ante diferentes momentos de xogo, co cal, estamos preparados para afrontar ao Real Madrid independentemente da versión que ofreza".

Non espera un Real Madrid, que acaba de cambiar no banco a Benítez por Zidane, sen grandes variacións tácticas pero "seguramente haxa un gran cambio en canto a actitude e en canto á resposta do público respecto de partidos anteriores". Destaca do conxunto merengue a "velocidade dos seus dianteiros. Con espazos, son capaces de crear maior perigo".
 
 
Pedro Mosquera, o futbolista coruñés que pasou polas categorías inferiores do Real Madrid, espera mañá sábado "un partido complicado. Encima agora que ten adestrador novo estará a xente moi motivada. Xente que se cadra antes non estaba a contar con minutos pois agora volverase a enchufar".
 
Lembra o pivote deportivista que "somos un equipo que encaixa poucos goles, é difícil que nos fagan ocasións, e temos que seguir nesa liña. Estamos a facer ben as cousas e non temos que cambiar. Temos que seguir así. Plantamos cara en todos os partidos e este non vai ser diferente".
 
Mosquera confesa que o partido de mañá sábado é "especial. Estiven moito tempo aí, na canteira. Estiven bastantes anos e é un club que me deu moitas cousas e ao que lle estou moi agradecido".
 
Iso si, tamén subliña que "agora estou no Deportivo, que para min é un grande. Estou encantado aquí".

Máis novas de: VÍCTOR SDA, PEDRO MOSQUERA