RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor: ''esta vitoria fai bos os empates anteriores''

  O adestrador do RC Deportivo, Víctor Sánchez do Amo, multiplicó o valor da vitoria ante o Levante porque “fai bos moitos dos empates” que o equipo branquiazul cosechó durante o refacho de trece partid

O técnico deportivista valorou positivamente o xogo despregado polos seus pupilos. “Estamos moi contentos polo traballo do equipo. Sabiamos que ía ser un partido complicado porque para eles quizá era unha das últimas oportunidades de saír da situación na que están. Sobre todo estamos moi contentos porque xogamos ben os minutos finais, algo que nos custou noutros partidos e penalizounos moito”, analizou.

Tamén falou da fortuna que sorriu ao Deportivo no gol que valeu o tres puntos. “Levabamos un refacho que as que pegaban no pau íanse fóra e hoxe pega no pau, cáeche e sérveche para gañar o partido”, afirmou.
 
O preparador deportivista deu moito máis valor ao triunfo, outorgándolle moito máis que tres puntos. “A vitoria de hoxe fai bos moitos dos empates anteriores”, precisou.
 
 
Pola súa banda, Joan Francesc Ferrer ‘Rubi', técnico do Levante, lamentou que o seu equipo perdese un punto nos minutos finais pero quixo deixar claro que non van renderse na súa loita pola permanencia en Primeira.
 
“O que veña psicoloxicamente acabará antes en Segunda División e nós non imos ser” , asegurou o adestrador do conxunto granota.
 
Na súa análise do partido falou dunha “primeira parte moi igualada” e dun “arreón do Deportivo no quince minutos finais”, nos que viu ao seu equipo “sen fol para chegar á área rival” aínda que nunca chegou a ver “claro que o Dépor puidese lograr o segundo gol”.