Víctor Fernández: O equipo necesita o apoio de todo o deportivismo
Víctor Fernández, técnico do Deportivo, solicitó esta tarde en rolda de prensa en Abegondo "o apoio de todo o deportivismo, de todos os que formamos a familia do Deportivo. Co apoio de todos e a unidade sairemos beneficiados todos: a afición, que seguirá vendo fútbol de Primeira; o técnico, que tendrá o seu prestixio; os xogadores, que teñen o seu e seguirán xogando en Primeira; os medios de comunicación, que seguirán escribindo sobre un equipo de Primeira División; a cidade, que tendrá unha maior promoción comercial. Todos saímos beneficiados e necesitamos o apoio e a unidade de todos".
canaldeportivo, A Coruña02/01/2015 23:21
Ao Athletic Club, rival do Dépor mañá sábado (22.00 horas, Riazor), Víctor Fernández defíneo como "un grande que vén de xogar a Champions. Un grande que nestes momentos está lonxe do seu obxectivo de Champions, pero que ten potencial para volver a reengancharse. É un equipo que me gusta moito pola súa filosofía de xogo co seu adestrador. É un equipo combinativo, que respecta a pelota".
Pola súa banda, Luisinho cualificou de importante "e difícil" o partido de mañá. Asegura que o Dépor "está a adestrar ben e está confiado en ir a por o triunfo, que é o noso obxectivo, e saír da zona perigosa".
Cre o lateral zurdo deportivista que "hai que encarar o partido con obxectivo positivo, xogamos en casa, temos que mandar no partido. Sabemos que o Athletic é un bo equipo, que non está a atravesar un bo momento, e temos que aproveitar ésto".
Víctor Fernández calificó onte en rolda de prensa o encontro de hoxe o meuércoles ante o Córdoba (20.00 horas) en Riazor como "o partido más importante da tempada, senón o que más. É un dos partidos más decisivos no noso obxectivo. Gañar supón que a chama da salvación esté moito más forte. As consecuencias también son importantes, porque o rival, se perde aquí, vai ser un equipo que vai ter moi poucas opcións para conseguir a salvación".
Ao término do partido, na sala de prensa do Coliseum Alfonso Pérez, Víctor Fernández analizó un partido: "con dous partes moi diferenciadas, a primeira para o Xetafe, a segunda para o Dépor, con actitudes e comportamentos diferentes por parte dos equipos. Na primeira estivemos timoratos, sen intensidade, regalando o primeiros corenta e cinco minutos. Na segunda parte sí saímos a por o partido pero desaproveitamos as oportunidades. O empate fose xusto. Faltounos concentración, estivemos despistados e dado moitas vantaxes ao Xetafe, non tivemos actitude para competir nun partido de máxima esixencia", aseveró.
Ao término do partido, Víctor Fernández analizó o sucedido no terreo de xogo: "houbo unha lixeira inclinación ao noso favor en canto a dominio, pulo e chegadas ao área rival, cunha intención más definida de gañar, durante 80 minutos, aínda que nos faltó claridade. Fixéronsenos longos os últimos minutos. Fixemos méritos para gañar, puxemos toda a vontade e ao final te tes que conformar co empate".