RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor encara a recta final da súa primeira semana "adaptándonos ao que pide o míster"

O Dépor encara a recta final da súa primeira semana de pretemporada en palabras do capitán Diego Villares "coñecendo aos novos compañeiros, adaptándonos ao que pide o míster. Tamén facendo traballo físico que despois do verán é bo para todos".

O mediocentro deportivista explica que o técnico insiste estes días "na conservación de balón e a saída de porta. De momento traballando aos poucos".

Este venres, o cadro reuniuse na sala de vídeo uns minutos antes de saltar ao céspede.

A continuación, Antonio Hidalgo combinou no campo 2 da Cidade Deportiva traballo táctico con partidos despois dunha activación.

Non estiveron co grupo Jose Ángel nin Pablo Vázquez, mentres que Arnau Comas xa realizou o quecemento co resto dos seus compañeiros antes de continuar co seu proceso de readaptación física.

Mañá sábado, Os Nosos adestraranse de novo a partir das 10:30 horas.