RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Arrinca a preparación do debut ligueiro de Os Nosos,  xa "contando os días para que chegue o sábado en Granada"

Os Nosos comezaron esta mañá a preparar o debut en LaLiga Hypermotion 2025-26, previsto para este sábado 16 de agosto ás 21:30 no Nuevo Los Cármenes (Dazn e LaLiga Hypermotion).

Antonio Hidalgo dispuxo unha activación con rondos no campo 3, un xogo de posición e fútbol reducido, de alta intensidade.

Está con traballo personalizado Jose Ángel e Petxarroman; mentres que Ximo Navarro fai tarefas co grupo e tarefas co readaptador.

En rolda de prensa, José Gragera asegura que o grupo está "con moitas ganas de empezar, de que esta semana arrinque a competición. Vexo ao equipo máis que preparado para afrontar este reto. Estamos a contar os días para que chegue o sábado en Granada".

Mañá mércores 13 de agosto o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 10:30 horas.