RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor: O ambiente que nos imos a atopar en Riazor vai ser impresionante

Víctor Sánchez do Amo se mostró esta mañana ante os medios informativos "convencido que o ambiente que nos imos a atopar en Riazor mañana vai ser impresionante. Sobre todo porque os xogadores deron en Anoeta un paso

Subliña que ese paso "vai ir unido ao paso da afección. E xuntos, eses dous pasos vannos a facer moito máis fortes. Iso é o que queremos, recuperar esa sensación de fortín que sempre caracterizou a Riazor".

Confía neste sentido Víctor que o ambiente mañá sábado (18.00 horas) ante o Atlético de Madrid "vai ser fantástico."

Así mesmo, recalca o adestrador branquiazul que "todos os xogadores aprenderon de Víctor Fernández. Uns danse conta enseguida e outros o irán comprendendo co paso do tempo".

Pola súa banda Fabricio, tamén en rolda de prensa, cre que para derrotar ao Atlético de Madrid hai que "evitar faltas, tentar facerlles gol, tentar cubrirlles, pararlles... Temos que estar centrados en nós mesmos, facéndoo o mellor posible e coa máxima concentración".

A xuízo da meta deportivista, o outro día "demostramos que este equipo está vivo, que ten alma, ten espírito, e temos ganas de sacar as cousas adiante".

Tivo palabras de agarimo para Víctor Fernández: "Tentaba dalo todo para que saísen as cousas ben. Quedo con éso. Foi un profesional á hora de estar connosco e de dalo todo para o ben deste Club. Non lle saíron así e por éso un sente mal. Eu síntome mal no sentido que non soubemos responderlle".