RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor pide o apoio da afección para que ''os xogadores teñan ese alento tan importante''

  Víctor Sánchez do Amo apeló hoxe sábado na sala de prensa de Abegondo ao apoio do deportivismo para o encontro de mañana domingo 24 de xaneiro en Riazor (18.15, Canle + Liga / Abono Fútbol) ante a

Subliña o técnico deportivista que "se lembramos a tempada pasada, na primeira rolda de prensa que dei, xa o comentaba: era importantísima a unión de xogadores, directiva, Club, afección. Ese elemento que foi de vital importancia para nesa situación de tanta dificultade na que chegamos, poder conseguir a permanencia. E falámolo tamén cando terminou a tempada pasada, que tiña que ser un elemento que nos axudase ao rendemento, dado que somos un dos orzamentos máis baixos da Primeira División. O pulo da nosa afección, ese apoio aos nosos xogadores, é fundamental. Comprobámolo ao longo da primeira volta, que así foi. Permitiunos conseguir unha cantidade de puntos importantísima".

A lema 'Xuntos somos máis fortes', insiste Víctor, "máis que nunca o necesitamos porque non queremos pararnos nos 28 puntos que temos se non que queremos seguir. E para iso necesitamos o apoio da afección. Porque ademais os xogadores meréceno, polo esforzo que están a facer".
 
Vaticina o adestrador branquiazul unha segunda volta "moitísimo máis difícil que a primeira porque a necesidade de moitos equipos vailles a levar a competir máis, a dar máis nivel. Loxicamente estes equipos como a Valencia, que teñen que estar máis arriba do que están por orzamento... esa necesidade que teñen obriga aos equipos a render máis. Por iso a esixencia vai ser moito máis".
 
 
Pola súa banda, Poroto Lux, tamén na sala de prensa, manifestou que a Valencia "ten un gran potencial, ten bos xogadores. Está Negredo. A verdade que é unha baixa (a de Paco Alcácer) importante, pero ten moitas outras baixas. Sempre é un rival moi difícil, moi complicado, un rival que nos supera amplamente no orzamento, e que o seu obxectivo é xogar Champions ou Europa. E atopouse cunha tempada irregular".
 
Sobre o arranque de 2016 para o Deportivo, a meta arxentino lembra que "lle está custando gañar a todo o mundo. Non é fácil gañar partidos, e na segunda volta máis vai custar, porque hai moitos equipos que están necesitados, neste caso a Valencia é un. Nós temos o obxectivo ben claro, queremos a salvación canto antes. E temos que empezar a sumar da tres porque nos achegariamos rapidamente ao obxectivo que temos, que é un só, salvarnos".