RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor: ''se conseguimos unha vitoria teriamos o obxectivo case no peto''

  Víctor Sánchez do Amo manifestó hoxe na sala de prensa de Abegondo que o encontro de mañana luns en Riazor ante a UD As Palmas (20.30, Canle+ Liga / Abono Fútbol) supón unha oportunidade de "dar un go

Do equipo canario, sostén Víctor que "está en moi boa liña. Estaba nunha situación complicada pero que conseguiu a base de traballo e dunha liña moi boa saír desa situación. Vén con ese refacho de resultados positivos, cunha boa dinámica". Defíneo como un equipo que "crece moito ao redor da posesión de balón. Ten moita paciencia. En moitas fases do xogo parece mesmo que a portaría rival non lles preocupa. Buscan a través de ter posesión que os rivais se desordenen, se descoloquen, precipítense".

Confesou que ten xa decidido quen vai ocupar a portaría en substitución de Lux, se Manu ou Pletikosa, pero subliñou que tanto os porteiros como os demais futbolistas non saben quen vai xogar: "desvelarémosllo mañá", aseverou.
 
Finalmente, sobre a figura de Juan Carlos Valerón, que regresa a Riazor, Víctor cre que "o significou todo para o Club (polo Deportivo). Tanto el como Manuel Pablo son xogadores emblemáticos como o foron no seu día Fran, Mauro Silva... Xogadores que relacionas o seu nome co escudo do Deportivo. Exemplo de comportamento e exemplo de rendemento. Foi un orgullo ser compañeiro de Juan Carlos como do resto que mencionei".