RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

William de Camargo, novo xogador do Dépor 2021-2022

William de Camargo (São José do Rio Preto, Brasil, 27 de febreiro de 1999) converteuse en novo xogador do Real Club Deportivo para a próxima temporada.

William, que actúa preferentemente como extremo dereito ou centrocampista ofensivo, chega cedido por unha campaña por parte do CD Leganés, club ao que se incorporou en abril de 2017 procedente do São Paulo FC.

Sen debutar oficialmente co primeiro equipo pepineiro, na temporada 2018-2019 William foise cedido ao FC Karpaty Lviv. No equipo ucraíno apenas puido xogar debido a unha lesión sufrida o día do seu debut.

A temporada seguinte foi novamente cedido ao FC Cartagena, conxunto co que colaborou en gran medida a lograr o ascenso a Segunda División baixo a dirección do novo técnico deportivista, Borja Jiménez, nunha campaña, a 2019-2020, na que disputou 20 partidos (16 de titular) e asinou 3 tantos.

Co conxunto murciano debutou o pasado curso na categoría de prata, na que disputou 12 partidos antes do mercado invernal. A mediados de xaneiro abandonou a entidade branquinegra para incorporarse, tamén cedido polo CD Leganés, ao Valencia CF Mestalla. No filial valencianista xogou outros 12 encontros en Segunda División B na segunda metade da campaña pasada.