
DÉPOR · 14 XUÑO 2026
A DÉPOR COACHING ACADEMY PON O BROCHE AO CURSO 2025-26 E ABRE XA O CAMIÑO CARA A UNHA NOVA PROMOCIÓN
O Estadio ABANCA-RIAZOR foi escenario dunha xornada moi especial con motivo da clausura do curso 2025-26 da Dépor Coaching Academy, un acto que serviu para recoñecer o esforzo, a dedicación e o compromiso do alumnado que completou a súa formación durante este ano académico.A cerimonia contou coa presenza do conselleiro do RC Deportivo, Carlos Ballesta; do decano e da vicedecana da Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Joaquín Fernando Gómez Varela e Virginia López Alonso; ademais de todo o profesorado da Academy.Nun emotivo acto conducido por Miguel Gamallo, director da Dépor Coaching Academy, o estudantado recibiu os diplomas que acreditan a culminación de meses de aprendizaxe, traballo e crecemento persoal e profesional.Con esta entrega de diplomas conclúe un curso, pero comeza xa a seguinte promoción.

A Dépor Coaching Academy mantén aberto o prazo de inscrición para os seus tres niveis formativos: Técnico Deportivo en Fútbol (Nivel 1), ata o 25 de xuño; Técnico Deportivo en Fútbol (Nivel 2), ata o 30 de setembro; e Técnico Deportivo Superior en Fútbol (Nivel 3), tamén ata o 30 de setembro.Avalada por máis de dúas décadas de experiencia e máis de 350 alumnos formados, a Dépor Coaching Academy continúa apostando polo Método Dépor, unha formación baseada en situacións reais de xogo, prácticas en contornos profesionais, tecnoloxía aplicada ao adestramento, experiencia práctica e seguimento individualizado.Ademais, o programa conta cunha bolsa de emprego que facilita o acceso ao mercado laboral para os futuros adestradores.Máis información neste correo electrónico [email protected]; ou ben pinchando neste enlace.

Brillante subcampionato de prata para o Dépor ABANCA Alevín n...

O Dépor ABANCA Alevín xogará este domingo 14 a final da Fase ...

Fases finais para ANOSACANTEIRA nos torneos amigables de Alem...

Saídas a partir do 30 de xuño no Dépor ABANCA

O Dépor ABANCA Alevín conclúe a primeira fase do Torneo LaLig...

Resultados deste venres en ANOSACANTEIRA; con triunfos do Ale...




