
DÉPOR ABANCA · 3 AGOSTO 2026
AS DEPORTIVISTAS MARISA E AINOA GÓMEZ, CONVOCADAS POLA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-20 PARA PREPARAR O CAMPIONATO DO MUNDO DE SETEMBRO
María Luisa García Antolín (Madrid, 22 de xuño de 2006) e Ainoa Gómez Luna (Cerdanyola del Vallès, Barcelona, 13 de abril de 2007) foron convocadas pola selección española sub-20 para preparar o Campionato do Mundo da categoría que se xogará do 5 ao 27 de setembro en Polonia.As dúas futbolistas do Dépor ABANCA concentraranse do luns 10 de agosto ao mércores 19 entre a localidade segoviana de Los Ángeles de San Rafael e a Ciudad del Fútbol de Las Rozas en Madrid.España terá como rivais na Primera Fase do Mundial a Nixeria, Nova Caledonia e a República Popular China.O calendario de partidos do combinado nacional no torneo é o seguinte:Luns 7 de setembro18:00: NIXERIA - ESPAÑA, no Arena Sosnowiec de SosnowiecXoves 10 de setembro15:00: ESPAÑA - NOVA CALEDONIA, no Arena Sosnowiec de SosnowiecDomingo 13 de setembro15:00: REPÚBLICA POPULAR CHINA - ESPAÑA, no Arena Sosnowiec de SosnowiecOs dous primeiros e os 4 mellores terceiros pasan a dezaseisavos de final.


Catro adestramentos, FC Porto e Real Madrid CF, todo nunha es...

Fin da pretemporada do Dépor cunha brillante edición do Trofe...

O RC Deportivo pecha a campaña 'O teu lugar en Primeira' con ...

Leo Román cre que "temos que medrar desde a portería a cero, ...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Elche CF da 1ª ...

Regreso de madrugada á Coruña para o broche final da pretempo...