RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Davy Roef estréase en Abegondo co Deportivo

Davy Roef adestrouse esta mañá por primeira vez en Abegondo. O meta belga, incorporado onte martes ao Deportivo, realizou unha primeira parte, con Lux e Tyton, ás ordes do preparador de porteiros, Manu Sotelo. Os tres gardametas saltaron ao céspede quince minutos antes que o resto de xogadores.

A continuación, o equipo realizou un exercicio de finalizacións e segundas xogadas; e un partido once para once, cos cinco sentidos postos na visita ao Eibar, prevista para o sábado 28 de xaneiro ás 18:30 (Bein Sports).

Bruno Gama, Carles Gil e Kakuta (os dous primeiros aínda sen alta médica), adestráronse de novo con normalidade toda a sesión, na que participaron tamén os fabrilistas Óscar e Quique Fornos.

Mañá xoves, o equipo adestrarase en Abegondo ás 11:00 horas.