RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Garitano: "Os xogadores me din que é penalti clarísimo sobre Çolak"

Gaizka Garitano subliñou na sala de prensa de Ipurua que o Dépor hoxe foi "brando defensivamente e eles na área contraria son moi fortes. Aí foron mellores que nós".

Cre o técnico deportivista que "non entramos ben no partido. Logo fomos cada vez mellor".

Iso si, destaca que na segunda parte "tivemos 20 minutos nos que puidemos empatar. Tivemos varias ocasións claras. É unha pena o 3-1".

Do penalti cometido sobre Çolak, precisamente nese tramo do partido de claro dominio deportivista, Garitano manifestou que "os xogadores me din que é clarísimo. Eu desde o banco teño a miña opinión, pero é subxectiva, como adestrador do Dépor".

/* Bot imbee */