RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

30.163 socios

Xa somos 30.163 os socios branquiazuis e día a día o número aumenta. Hoxe déronse de alta 12 socios máis, co que xa son 1747 os socios novos que se inscribiron este ano.

Abonos tempada 2003-2004

Zona do CampoAbono anual 03-04Abono mensual 03-04
Tribuna superior 458,0042,70
Tribuna superior infantil 214,0019,50
Tribuna inferior 416,0037,90
Tribuna inferior infantil 207,0018,90
Tribuna inferior dianteira 385,0035,00
Tribuna inferior dianteira infantil 183,0016,70
Preferencia superior385,00 35,00
Preferencia superior infantil183,00 16,70
Preferencia inferior187,00 17,00
Preferencia inferior infantil93,00 8,50
Preferecia Inferior lateral 153,0014,00
Fondo Pavillón Superior 187,0017,00
Fondo Pavillón Superior Inf93,00 8,50
Fondo Pavillón inferior 125,0011,50
Fondo Pavillón inferior Junior (ata 20 anos) 61,005,60
Fondo Maraton superior 275,0025,00
Fondo Maraton superior infantil 122,0011,10
Fondo Maraton Inferior153,0014,00
Xubilados(admisión pechada)153,0014,00
Xubilados (Fdo Pavillón Superior)122,00 11,10
Parados (Fdo Pavillón Superior)91,00 8,30
Socio Amigo32,00***

As novas altas de socios terán que pagar 30 euros a maiores como cota de entrada, fóra das localidades de infantil, júnior, xubilados e parados, ou aos accionistas do R.C. Deportivo.

As novas altas de socios deben subscribir dúas accións como mínimo para garantir o seu número de asento no futuro. Se non queren poden non facelo, pero co risco de perder o seu número de asento salvo que se trate de localidades de infantís, júnior, xubilados e parados.
Os xubilados terán que acreditar ter, polo menos, 65 anos.
Os parados deben mostrar o seu cartón actualizado de desempregado do INEM.
Os júnior só se poderán situar na bancada de Pavillón Inferior.

A modalidade de socio amigo, creada sobre todo para recien nados, persoas no estranxeiro... terán dereito a asistir a un partido de Liga da tempada, á bancada de Fondo Pavillón Superior. As entradas retiraranse na mesma semana do partido e sempre suxeito á dispoñibilidade das mesmas.

Xa podes ser Socio Amigo do Deportivo da Coruña sen moverche de casa. Chamando ao 902 43 44 43 poderás darche de alta como Socio Amigo do Club, ou renovar o teu carné de Socio Amigo se aínda non o fixeches, por tan só 32 Euros. Sen esperas. E pómoscho na oficina de Caixa Galicia que ti nos digas.
Se non podes asistir a todos os encontros de Riazor pero queres unirche ao Deportivo, este é o teu carné. O Socio Amigo ten número de socio e manténselle a antigüidade para no caso de facerse socio con localidade manterlle a numeración.

A modalidade de Socio Amigo creouse sobre todo para recentemente nados, persoas que viven fóra da Coruña ou que por un motivo ou outro non poden estar cada domingo en Riazor. Tamén, por que non, como un agasallo para ese amigo que sente as cores branquiazuis. Co seu carné teñen dereito a asistir a un partido de Liga da tempada, na bancada de Fondo Pavillón Superior, retirando previamente a correspondente entrada e sempre suxeito á dispoñibilidade das mesmas.

O proceso para darse de alta como Socio Amigo é sinxelo e rápido. Chamando ao 902 43 44 43 a operadora telefónica solicitarache os seguintes datos: Nome, apelidos, dirección completa, teléfono, data de nacemento e DNI do titular do carné de Socio Amigo. Ademais pedirá os datos dun cartón bancario para efectuar o pago de Carné de Socio Amigo (32 Euros) e informará ao abonado dos detalles da operación. Asímismo, solicítaselle que escolla a oficina de Caixa Galicia onde desexa recoller o seu carné nun prazo máximo de 72 horas.

O custo para o abonado é de tan só 90 céntimos.

Esta é outra das melloras nas que o Deportivo xa está a traballar, coa colaboración de Caixa Galicia, para pór en funcionamento novos servizos de atención aos socios e afeccionados en xeral. Así, esta campaña xa se puxo en funcionamento a través do mesmo número de teléfono 902 43 44 43 a renovación dos abonos da tempada por teléfono dunha forma rápida e cómoda. E desde que saíron á venda os abonos de UEFA Champions League, se es socio do Deportivo podes adquirir o abono para o tres encontros da primeira fase de Liga de Campións chamando ao mesmo teléfono 902 43 44 43 e, unha vez adquirido, recollelo na oficina de Caixa Galicia que indicases no momento de efectuar a compra.