A vitoria do R.C.Deportivo contra os Millonarios no Torneo Internacional de Caracas fora moi comentada. Millonarios era o Campión da liga colombiana e, a maiores, levaba imbatido trece partidos. Por iso é polo que os colombianos quixesen tomarse o desquit
En Venezuela O DEPORTIVO PROBARÁ A DOUS DIANTEIROS CENTRO
O triunfo do Deportivo non apagou os ecos na prensa local. Algúns diarios resaltan a brillante actuación coruñesa e lembran, mesmo, que algún dos elementos que forman na expedición estiveron aquí fai sete anos. Tales son os casos de Cheché Martín, Belló e o masaxista, Hermida.
Os agasajos seguen acaparando aos xogadores e delegados, moitos dos cales teñen que declinar. Onte houbo unha comida, invitación de Lázaro Candal, Carlos Domínguez e Luís Estrada, cuñado de Moll; enviados especiais, Valdivieso, adestrador da selección venezolana, e Antonio Castro, Presidente de honra do Galicia. Pola noite, cea ?oficial? aos deportivistas e aos xogadores dos Millonarios e Deportivo Italia, convidados polo Galicia.
Os dirixentes dos Millonarios insistiron en que o Deportivo vaia a xogar a Colombia, ben agora, ben a finais de agosto. En Colombia sería, desde logo, todo un acontecemento a presenza do Deportivo, xa que foi o equipo que rompeu a imbatibilidade dos Millonarios, facéndolle encaixar tres goles.