O Deportivo gañou ao Montpellier Herault nun partido emocionante no que Riazor rexistrou tres cuartos de entrada. Aínda que o equipo francés adiantouse no marcador cun gol de Delaye, un Deportivo con garra remontou novamente un partido en Riazor.
Pauleta igualou a contenda ao rematar de cabeza un saque de esquina de Víctor, despois Djalminha puxo por diante ao Deportivo ao converter un penalti lanzado ao estilo Panenka tras unha man de Silvestre cando Naybet dispúñase a rematar.
Dous minutos máis tarde, Makaay marcou un golazo cun tiro raso desde a media lúa que supuña o definitivo 3 a 1 no marcador.
Por problemas físicos Flavio caeu no último minuto do once titular o que permitiu a entrada de Jokanovic no equipo inicial e de Fernando na convocatoria.
O partido de volta disputarase o próximo día 4 no Estadio de Mosson.
O técnico francés, Gasset, dixo que despois do 0 a 1 temían a reacción do Deportivo. Destacou que o equipo branquiazul remontou moi ben pero que no partido de volta todo pode pasar.
Para Javier Irureta "faltounos resolver, pero ocasiones tivemos para sentenciar a eliminatoria." "Alá teremos que traballar moito. Pero gustoume que co 0 a 1 non decaemos." "Para min o mellor foi o final da primeira parte e o comezo da segunda metade."