RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Escola RC Deportivo 2021-2022 arrancou en Alvedro e Cee

A Fundación RC Deportivo puxo en marcha de novo a Escola RC Deportivo en Alvedro, onde iniciou as súas clases este mes de outubro en todos os seus horarios dispoñibles, os luns, mércores e venres. Esta actividade pretende achegar o Dépor e o deportivismo aos máis novos e ademais profundar e complementar os contidos futbolísticos de maneira individual e personalizada.

Máis de 70 participantes entre os 6 e os 14 anos empezaron cos seus adestramentos na Escola RC Deportivo baixo a supervisión dos adestradores de #ANOSACANTEIRA. Durante este primeiro mes realizaron diferentes actividades para que os técnicos puidesen coñecer o seu nivel e así programar os adestramentos para todos eles.

Ademais tamén arrancou a Escola RC Deportivo en Cee, en dúas quendas, os luns de 17:30 a 18:30 e de 18:30 a 19:30 horas. Dous técnicos do RC Deportivo desprázanse cada semana até as instalacións da localidade para adestrar cos máis de 20 participantes.

As inscricións atópanse abertas permanentemente durante todo o curso para todas as sedes na web oficial escola.rcdeportivo.es/gl. O período mínimo de proba na actividade é dun mes.

Para calquera outra dúbida ou aclaración, pódese contactar coa dirección da Escola RC Deportivo no correo electrónico escola@rcdeportivo.es ou no número de teléfono 981 25 95 00 (Extensión 2).