RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A estrea do Deportivo ABANCA B en Abegondo, prato forte mañá sábado en #ANOSACANTEIRA

Esta fin de semana xogan na Cidade Deportiva nas súas respectivas competicións oficiais o Deportivo ABANCA B (mañá sábado 11 ás 17:30 ante o Sporting de Gijón B) e Xuvenil A (domingo ás 12:00 fronte ao CD Bezana). Ambos iniciaron a liga a pasada fin de semana en Sanxenxo e Oviedo con idéntico resultado (2-2) ante Viajes InterRías FF e Real Oviedo respectivamente.

Kevin Cabado, técnico do filial feminino, citou ás seguintes xogadoras: Aroa González, Andrea Ansede, Paula Novo, María Calvo, Uxía Cabada, Antia Brage, Marta Rico, Paula Monteagudo, Laura Testa, Tati, Iria Otero, Valeria Filgueira, Marta Méndez, Noela, Elena López 'Cusi', Uxía Rabuñal (cadete do Orzán SD), Martina (cadete do Orzán SD) e Laura Otero (cadete do Orzán SD).

Pola súa banda, o Fabril arranca este domingo 12 de setembro ás 17:30 a 3ª RFEF coa visita a Abegondo do Racing Villalbés. O filial deportivista pechou a súa pretemporada o pasado domingo coa disputa no Municipal García Hermanos da XI edición do Trofeo Cidade de Betanzos, ante o conxunto local de Preferente Autonómica.

Óscar Gilsanz terá neste partido as baixas seguras de futbolistas que están en dinámica do primeiro equipo, como Yeremay, Noel ou Trilli, este último en proceso de recuperación dunha lesión muscular.

Pola súa banda, teñen compromiso amigable o Xuvenil B en Carballo (mañá sábado ás 12:45); e o Cadete e Infantil na Oviedo Cup durante toda a fin de semana.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira RFEF
1ª xornada: FABRIL - RACING VILLALBÉS, o domingo 12 de setembro ás 17:30 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 2ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - SPORTING DE GIJÓN B, o sábado 11 de setembro ás 17:30 en Abegondo (campo 5)

Categoría xuvenil
División de Honra, grupo 1º, 2ª xornada: XUVENIL A - CD BEZANA, o domingo 12 de setembro ás 12:00 en Abegondo

Amigable: BERGANTIÑOS CF A - XUVENIL B, o sábado 11 de setembro ás 12:45 nas Eiroas (Carballo)

Categoría cadete
Amigable: CADETE - BERGANTIÑOS CF, o sábado 11 de setembro ás 11:00 en Abegondo (campo 6)

Oviedo Cup
Sábado 11 de setembro
Primeira Fase
17:30: DEPORTIVO - PERDEDOR DO REAL OVIEDO / EQUIPO FASE PREVIA, no campo Manuel Díaz Vega (Oviedo)
20:00: GAÑADOR DO REAL OVIEDO / EQUIPO FASE PREVIA - DEPORTIVO, no campo Manuel Díaz Vega (Oviedo)
Xa o domingo 12, o campión de grupo disputará a Fase de Ouro; o subcampión a Fase de Prata; e o terceiro a Fase de Bronce.

Categoría infantil
Oviedo Cup
Sábado 11 de setembro
Primeira Fase
17:30: DEPORTIVO - PERDEDOR DO PARTIDO ENTRE DOUS EQUIPOS DA FASE PREVIA, no campo da Pixarra (Oviedo)
20:00: GAÑADOR DO PARTIDO ENTRE Os DOUS EQUIPOS DA FASE PREVIA - DEPORTIVO, no campo da Pixarra (Oviedo)
Xa o domingo 12, o campión de grupo disputará a Fase de Ouro; o subcampión a Fase de Prata; e o terceiro a Fase de Bronce.