Con motivo do encontro de Liga de Hockey que Liceo e Barcelona disputarán o vindeiro martes día 13, a Federación de Penas do Deportivo quere colaborar co equipo de hockey coruñés regalando unha entrada a todo aquel afeccionado que queira acudir a presenci
A federación de Penas branquiazuis considera que "non todo vai ser fútbol" e por iso, e xa que o Liceo "merécese o apoio dunha gran afección e unha gran cidade", os interesados en acudir ao encontro poden retirala na sede da Federación de Penas Deportivistas (Mesón Santiso II, c/Estrela 22 Baixo) desde hoxe ao nove da noite e o resto dos días de 12 a 15 horas e de 20 a 23:30.