RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

A Fundación Inade elixe ABANCA-RIAZOR para as súas primeiras reunións de traballo do ano

Fotos: - Xaime Cortizo -

A Fundación Inade celebrou onte a primeira reunión ordinaria do seu Consello Asesor e Comité Técnico do ano 2023 e para iso elixiron como escenario o Estadio ABANCA-RIAZOR, completando a mañá cunha visita á Delegación en Galicia da Axencia Estatal de Meteoroloxía.

O Consello Asesor da Fundación está integrado, maioritariamente, por compañías aseguradoras e brókers. Pola súa banda, o Comité Técnico está composto por xerentes de riscos de diferentes sectores como o da automoción ou o da alimentación.

Após as reunións na sala de prensa do Estadio e a visita á AEMET, para finalizar o encontro percorreron as instalacións Deportivistas, recibiron ao presidente do RC Deportivo, Antonio Couceiro, que clausurou a reunión antes do xantar que tivo lugar na área 1906 de ABANCA-RIAZOR.

As Áreas VIP de ABANCA-RIAZOR e os espazos de traballo do Estadio seguen acollendo deste xeito encontros de diferentes empresas que elixen A Nosa Casa como localización singular para as súas actividades. A dispoñibilidade e aluguer de espazos en ABANCA-RIAZOR pode consultarse e xestionarse a traves de vip@rcdeportivo.es .