RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

A Fundación RC Deportivo activa a Bancada Solidaria para o Dépor ABANCA - FC Badalona Women deste sábado 30 de agosto

A Fundación RC Deportivo, de cara ao encontro do Deportivo ABANCA deste sábado 30 de agosto (18:00 horas) fronte ao FC Badalona Women, reactiva a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria. 

Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.

A data límite para poder solicitalas serán as 11.00 h. deste xoves 28 de agosto.